Os nenos e nenas de Vilalba plantexan novas propostas ao Concello
Celebrouse na casa do concello e Vilalba a terceira sesión do Consello Social da Infancia e a Adolescencia, un espazo de participación cidadá no que os representantes dos centros educativos tomaron posesión do seu cargo para o curso 2024-2025.
Durante a reunión, abordáronse diversos temas de interese, como a organización da Feira do Capón e a importancia de coidar o mobiliario urbano. Ademais, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de expresar as súas propostas e inquietudes ao Concello. Entre as peticións destacaron o arranxo da iluminación exterior do CEIP Terra Chá e a renovación do mobiliario do paseo da Madalena.
A alcaldesa, Marta Rouco, comprometeuse a analizar todas as suxestións presentadas e agradeceu a implicación e participación activa dos membros do consello. "Das sesións previas saíron proxectos interesantes como a renovación do parque da Rúa da Emigración e a instalación da pista multideporte, o que confirma a importancia deste consello", destacou Rouco.
O Consello Social da Infancia e a Adolescencia continúa consolidándose como un órgano esencial para fomentar a participación activa dos máis pequenos na mellora do municipio.