Os Novos Personaxes de Carmen Prado estarán expostos en Burela ata o 27 de setembro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A sala de arte da casa da cultura de Burela acolle dende o pasado venres a exposición da pintora lucense Carmen Prado, titulada Novos Personaxes.
73370534_2460426710867385_4667539873383579648_n
16 sep 2019

A sala de arte da casa da cultura de Burela acolle dende o pasado venres a exposición da pintora lucense Carmen Prado, titulada Novos Personaxes.

Carmen Prado é unha pintora autodidacta que pinta por afición e por pura intuición, alguén que atopa na pintura a súa forma básica e elemental de expresarse, de dicir o que quere, de expandir o seu mundo cotiá, as situacións, os sentimentos agochados e as posturas inacabadas da vida real. 

Os personaxes que describe contan historias aínda por rematar. Unhas veces son un encontro co seu eu máis íntimo e recollida e outras, son pura extroversión.

A pintora lucense logra que o espectador se adentre no seu mundo persoal e vai pouco a pouco perfeccionando a súa pintura, a súa expresividade, depurando liñas e mellorando composicións o que xa ten sido o seu punto forte.

É unha pintora intuitiva e de profunda motivación, na que a forma e a composición supoñen a súa tarxeta de presentación. As súas aterciopeladas misturas de cor, xunto coas liñas suaves e sinuosas, invitan a apreciar ese mundo moi seu, rico en ideas e cheo de sentimentos.

Trátase dunha pintura fresca e chea de cor a que se poderá visitar en Burela do 6 ao 27 de setembro, de luns a venres, de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas.

A delegación municipal de cultura anima a achegarse para contemplar as obras.

 

0.24241399765015