Os organizadores da Moexmu dan conta de algunhas actividades que terán lugar durante a Mostra

TerraChaXa
A comisión organizadora da XL edición da Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu), continúa coas súas reunións de traballo e ultimando o programa deactividades para os vindeiros 5, 6 e 7 de abril.
comisión empresarios Moexmu 2024
18 Mar 2024

A comisión organizadora da XL edición da Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu), continúa coas súas reunións de traballo e ultimando o programa deactividades para os vindeiros 5, 6 e 7 de abril.

Así, segue aberto o prazo para as últimas reservas de parcelas de maquinaria oustands de artesanía para os expositores, no enderezo moexmu@gmail.com ou no 982504 002.

A preinscripción previa do gando é de 81 vacas e 55 xatas (136 cabezas de frisoa) e unha ducia de cabezas de Exposición de Rubia Galega e outras doce de poxa de gando Selecto. En total, son nove ganderías de Lugo, cinco da provincia de A Coruña e catro de Pontevedra e unha gandería de Castropol, de Asturias. Ademais, tense pendente aconfirmación da participación dunha gandería de Euskadi.

Igualmente, o Monográfico de Can de Palleiro continuará no programa de actividades que terá lugar no Recinto Feiral “Manuel Vila” de Muimenta, localizándose, na xornada do domingo 7 de abril, en horario de tarde.

Tamén se contará coa participación “Pandereteiras de Muimenta” o domingo pola tarde e o venres, coa música de “Asubios da Chaira” en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

0.17885899543762