Os pais de Baamonde reclaman por sétima vez reunirse co conselleiro de Educación
TerraChaXa
A Anpa de Baamonde remitiu a sétima petición ao conselleiro de Educación, para que atenda a súa petición de manter este colexio aberto.
10 Apr 2021
A Anpa do Ceip de Baamonde remitiu onte a sétima petición ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, para que atenda a súa petición de manter este colexio aberto para o que esixen que os reciba e poder falar da situación.
Dende asociación afirman que "de verdade, como se fai de rogar", afirman os pais e veciños involucrados na protesta que pretende impedir o peche do centro para reunificar todos os rapaces no de Begonte. Reclaman unha reunión e unha contestación tras seis solicitudes enviadas, a última con data do 30 de marzo.