Os pensionistas de Barreiros continuarán manifestándose na procura de melloras

TerraChaXa | AMariñaXa
Os pensionistas de barreiros continúan coas súas manifestacións reclamando 0 aumento da contía das súas retribucións así como cambios na política laboral.
47465398_498997090591263_3396565802462216192_o
11 Xan 2019

Os pensionistas de barreiros continúan coas súas manifestacións reclamando 0 aumento da contía das súas retribucións así como cambios na política laboral.

Segundo indican dende a organización, "o pasado 28 de decembro o goberno promulgou o Real Decreto 28/2018 de 28 de decembro, no que acorda e ratifica a suba do 1,6%. A loita dos pensionistas de Barreiros vai dando algún resultado". O Goberno anunciou tamén  a paga compensatoria do 0,1% antes de abril para evitar a perda do poder adquisitivo. "Pero aínda quedan moitas cousas fóra dese decreto, coma o novo índice de revalorización das pensións que anunciaban para 2020, para substituir ao índice do 0,25% que era o teito de suba que ata agora había establecido", engaden.

O que sí inclúen no Real Decreto 28/2018 é que para este ano 2019, aqueles que se xubilen terán que facelo aos 65 anos e 8 meses (ata agora eran 65 anos e 6 meses) sempre e cando se teñan cotizados 36 anos e 9 meses, todo esto en virtude daquela reforma das pensións de 2013 na que deseñaron a aplicación da xubilación aos 67 anos.

Os pensionista anuncian que este ano terán novas accións e actividades e tamén amosaráns "a súa solidariedade e a colaboración con todas as causas xustas que se reivindican na Mariña, como é ter mellores servizos públicos, mellor sanidade e mais emprego".

Algunhas das súas reivindicacións son a derrogación das reformas laborais, a aprobación dunha nova lexislación laboral e social que restitúa os dereitos perdidos como consecuencia das reformas anteriores, a supresión do factor de sustentabilidade, a pensión mínima igual ao salario mínimo interprofesional, o recoñecemento do dereito á xubilación ordinaria aos 65 anos, e voluntaria a partir de ter cotizados 35 anos, reais ou por aplicación dos coeficientes redutores en determinadas profesións, a confirmación da  actualización anual das pensións en base ao IPC, o blindaxe do sistema público de pensións ou unhas pensións dignas e con poder adquisitivo.

0.15571308135986