Os pensionistas de Barreiros seguen a concentrarse requerindo melloras
Os pensionistas de Barreiros seguen na rúa defendendo os seus dereitos, acompañados nesta xornada por colectivos de pensionistas de Ribadeo, Lourenzá e Mondoñedo. Alédanse que que as súas reivindicacións semanais en Barreiros e en moitos máis sitios do país dea froitos.
"Se queren reducir o déficit da Seguridade Social o que tenen que facer é crear mais emprego, e emprego de calidade, para que aumenten @s cotizantes e as cotizacións á Seguridade Social."
Din que esa é a única forma de que o sistema sexa viable, e que se terán que derrogar as reformas laborais que provocaron que a cotización á Seguridade Social menguase. Tamen que a suba de catro décimas por riba da inflación tampouco é demasiado remarcable, xa que os pensionistas mariñaos seguen á cola, sen as prestacións sociais e de atención sanitaria que teñen noutros puntos do Estado. Argumentan que a atención sanitaria é cada vez máis precaria, con menos dotación de persoal, para que se decidan por acudir ás clinicas privadas.
"Tampouco temos tantos servizos coma noutras comunidades, coma por exemplo centros de día públicos (en Barreiros levamos 10 anos esperando por el desde que o prometera Feijóo), ou residencias da terceira idade tan necesarias e polas que tanto levan loitado moitas compañeiras e compañeiros, coma os de Ribadeo. Residencias que o goberno da Xunta e os seus acólitos na provincia e na comarca siguen a boicotear día tras día." aseguran.
Afirman que se seguirán a manifestar contra estas inxustizas e ofrecen a súa solidariedade e axuda a quen precise dela. Seguirán insistindo perante tódalas forzas políticas para que defendana as súas reivindicacións en materia de pensións. Para conseguir a blindaxe do sistema público de pensións piden que se leve á práctica "a derrogación das reformas laborais; a aprobación dunha nova lexislación laboral e social que restitúa os dereitos perdidos como consecuencia das reformas anteriores; a supresión do factor de sustentabilidade (a súa aplicación está aprazada ata 2023, mais é necesaria a súa desaparición); unha pensión mínima igual ao salario mínimo interprofesional; recoñecemento do dereito á xubilación ordinaria aos 65 anos, e voluntaria a partir de ter cotizados 35 anos, reais ou por aplicación dos coeficientes redutores en determinadas profesións; a consolidación da actualización anual das pensións en base ao IPC; a blindaxe do sistema público de pensións; e pensións dignas e con poder adquisitivo."