Os pequenos da EEI de Vilalba expoñen os seus traballos sobre Picasso

TerraChaXa
A Escola de Educación Infantil de Vilalba vén de estrear unha exposición dos traballos realizados durante o primeiro trimestre do ano e que consisten nunha recompilación das obras de Pablo Picasso.
3 Xan 2024

A Escola de Educación Infantil de Vilalba vén de estrear unha exposición dos traballos realizados durante o primeiro trimestre do ano e que consisten nunha recompilación das obras de Pablo Picasso.

As obras, vistas desde a óptica dos pequenos poden visitarse na sala de exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba ata o día 20 de xaneiro, de luns a venres de 18.00h a 22.00h e os sábados de 10.00h a 14.00h.

Os artistas son pequenos de 4 e 5 anos de idade que utilizaron diversas técnicas para recrear as obras de Picasso ao longo da súa vida, desde a etapa negra á rosa ou á azul, con traballos con pintura, cartón, etc...

Son máis de 200 traballos os que forman parte do que xa se coñece como Museo Picasso e que foron elaborados por un total de 65 nenos e nenas nunha iniciativa que contou co apio do Concello de Vilalba.

"Agardamos que vos guste tanto como o traballo e a ilusión que alumnado e profesorado puxemos nel!", din desde a organización desta iniciativa, que sen dúbida descubrirá novos artistas entre os máis pequenos da vila.

0.16919302940369