Os pequenos de Vilalba aprenderán sobre ópera nun encontro cos membros de Cavallería Rusticana
Aproveitando a representación da ópera Cavallería Rusticana en Vilalba o 31 de marzo, este xoves, día 21, os rapaces dos colexios de Primeira (dende primeiro a sexto) participarán nun encontro no auditorio Carmen Estévez cos membros deste grupo artístico co obxectivo de poñer en valor esta arte e coñecer de preto o mundo da ópera.
Durante esta xornada trataranse temas como a presentación da ópera, historias e características da obra, posta en escea, interpretación de tenores e todas as partes que forman este grupo.
Cavallería Rusticana é un melodrama nun acto con música de Pietro Mascagni e libreto en italiano de Giovanni Targioni- Tozzetti e Guido Menasci, baseado nun relato do novelista Giovanni Verga. Considerada unha das clásicas óperas do verismo, estreouse o 17 de maio de 1890 no Teatro Costanzi de Roma .
É a historia dun amor roubado e vingado. O título alude ao código de honra dunha pequena comunidade italiana, unha aldea de Sicilia, onde transcorre o drama, a finais do século XIX.
A obra terá lugar a partir das 19:30 horas e terá unha duración de 1 hora e 15 minutos. Os prezos serán de dez euros para adultos en venda anticipada (12 en taquilla) cos nenos de 6 a 18 anos a metade de prezo. A venda de entradas relízase na Casa da Cultura de 11.oo horas a 13.oo horas e de 17:30 horas a 21 horas, ou través da venda online en Ataquilla.com