Os populares de Vilalba acusan a o ao equipo de goberno de falta de transparencia
O grupo municipal do Partido Popular de Vilalba lamenta e censura a decisión do equipo de goberno de fixar para ás oito da mañá o Pleno extraordinario solicitado pola banda popular para debatir a situación da central térmica das Pontes.
Unha decisión que, según os populares "obedece exclusivamente ao propósito de ocultación do debate, restando ao mesmo a atención da cidadanía".
A situación de perigo de desmantelamento do sector industrial da provincia de Lugo constitúe unha preocupación de máxima gravidade que está xerando profunda inquedanza e mobilización social. "O peche da central térmica das Pontes provocaría un dano inmenso para moita xente, así como para a economía de Vilalba. A xente espera que a clase política saiba estar á altura das circunstancias, e furtar o debate, complicarlle á cidadanía a posible presencia e participación no mesmo, facéndoo nun horario imposible, supón unha irresponsabilidade e unha falta de respecto" din desde o grupo popular.
"Esta decisión reflicte ben o fariseísmo do equipo de goberno, que cando estaba na oposición reivindicaba por activa e por pasiva o dereito da cidadanía a seguir as sesións plenarias e participar nelas, e agora que está no poder, na primeira ocasión que ten de ser consecuente e predicar co exemplo, fai exactamente o contrario do que pregoaba" rematan dicindo os populares.