Os populares defenden en Friol as alegacións sobre o lobo como especie protexida

TerraChaXa | LugoXa
Os populares piden ao Goberno central que teñan en conta as alegacións presentadas sobre o lobo nunha visita a unha explotación de Friol.
visita carballo friol pp lobo
4 Mar 2021

Os populares lucenses piden ao Goberno central que teñan en conta as alegacións presentadas polas Comunidades Autónomas, os Concellos e os sindicatos agrarios ao proxecto de orde ministerial promovido polo Executivo de Sánchez de incluír todas as poboacións de lobo de España no Listado de especies silvestres en réxime de protección especial (Lesrpe).

No marco do procedemento de consulta pública previa da devandita orde, expresan o absoluto rexeitamento ante esta medida que consideran “inxustificada, innecesaria e inoportuna”, polo que solicitan, unha vez máis, ao Estado que desista da súa tramitación.

Así o indicaron o vicesecretario de Participación do PP, Jaime De Olano, e a presidenta provincial, Elena Candia, acompañados do deputado no Congreso, Joaquín García Díez, do senador, José Manuel Barreiro, do deputado autonómico e presidente da Comisión de Agricultura, Gandaría e Montes do Parlamento de Galicia, Daniel Vega, do voceiro do Grupo Provincial, Javier Castiñeira, e do deputado provincial e alcalde de Friol, José Ángel Santos, que coñeceron in situ como afecta as gandeiros esta norma durante a vista á comunidade de montes veciñais de Carballo que conta con 700 hectáreas de monte nas que crían cabalos, cabras e porcos da raza celta. Segundo manifestou o presidente, Ángel Buján, “nos últimos anos tivemos máis de 200 perdas por mor do lobo”.

Os populares deron conta das iniciativas levadas a cabo tanto no Congreso, como no Senado, no Parlamento de Galicia, nos Concellos e na Deputación pola súa formación para que o Executivo de Sánchez reconsidere a decisión que conleva a protección deste animal. Foi, precisamente, nesta última administración onde o PSOE se opuxo á iniciativa do PP, “demostrando con elo que os intereses do seu partido están por riba dos dos gandeiros da provincia”, lembrou Castiñeira.

E é que, de levarse a cabo, esta sería unha medida que atacaría directamente á gandaría extensiva, actuando de forma “autoritaria, arbitraria y antidemocrática”, apuntou De Olano.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19882893562317