Os populares esixen que se active a atención ao rural de Ribadeo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A coordinadora do rural do PP de Ribadeo, Montse Seijo, esíxelle ao goberno local do BNG que “se active no rural”.
57678176_2305494926372370_694783768413601792_o
7 sep 2020

A coordinadora do rural do PP de Ribadeo, Montse Seijo, esíxelle ao goberno local do BNG que “se active no rural”. Así o manifesta a popular en relación á “lamentable estado” da estrada que discorre entre Rinlo e A Devesa.

Trátase dunha estrada municipal que soporta importante tráfico porque, tal e como explica Seijo “comunica estas dúas parroquias ribadenses” e, por iso, “é moi empregada polos veciños e veciñas da zona”; pero, ademais, “durante a época de verán son moitos os turistas que a empregan ao tratarse da vía de comunicación máis próxima á costa. 

O mal estado do firme que se atopa cheo de baches constata para Seijo “a falta de interese do goberno municipal polas infraestruturas viarias do rural ribadense”. É que a popular sinala que “esta situación esténdese tamén polo resto do municipio”.

Os populares instan ao goberno municipal a “velar pola conservación das estradas que vertebran o termo municipal” porque se trata de vías de comunicación moi empregadas polos veciños e veciñas da zona rural. 

0.13629603385925