Os populares piden información sobre a repercusión do FIV en Vilalba
O Grupo Municipal do Partido Popular de Vilalba solicita formalmente ao goberno local a través do rexistro do Concello copia da documentación relativa ao FIV 2022 para coñecer a súa repercusión no municipio, así coma os detalles da xestión do goberno socialista en relación a esta edición do festival.
Os populares, que seguen de preto a xestión do goberno local no desenvolvemento da súa labor de oposición, esixen transparencia en relación a este asunto e, polo tanto, unha vez celebrado o FIV 2022, queren coñecer “os datos pormenorizados do custo do festival, do investimento por parte do Concello e do balance da repercusión do evento; así coma as posibles incidencias”.
A voceira, Sandra Vázquez, censura a “falta de organización e planificación” por parte do goberno local en relación a dúas cuestións relacionadas co FIV 2022: por unha banda, a cancelación do feirón e o peche de rúas “sen previo aviso” e, por outra, o cambio de ubicación da acampada “á última hora”.
A popular condena que “o goberno local non tivo a sensibilidade de avisar da cancelación do feirón do pasado martes 19 que causou prexuízos aos veciños e aos comerciantes ambulantes, especialmente a aqueles que venden produtos perecedoiros”.
Vázquez considera que incluso o feirón se podía celebrar habilitando outra ubicación de forma excepcional e explica que “en anos anteriores co goberno do PP se ten celebrado o feirón limitando o seu horario para facilitar, posteriormente, a instalación das carpas e outro mobiliario do FIV”.
Igualmente, lamenta que “o goberno local pechara ao tráfico o venres sen previo aviso” as rúas López Guntín e do Calvario. “Algunhas medidas son necesarias para garantir a seguridade dos vilalbeses e dos nosos visitantes; pero o mínimo é avisar aos veciños”.
A voceira do Grupo Municipal do PP cuestiona tamén a xestión do goberno local sobre a ubicación da acampada. Vázquez advirte de que “á hora de organizar un evento desta magnitude se deben ter moitos aspectos en conta”. Pero “o goberno socialista anunciou a última hora o cambio de ubicación da acampada por causas meteorolóxicas”.
Documentación solicitada:
- Contratos e facturas de SEN SENRA, CARLOS SADNESS, NATALIA LACUNZA, LA LA LOVE YOU, FORGET LA FRANCE, IDOIPE, RAPARIGA DJ, THE ZEPHYA BONES, JUÁREZ, ISAAC PECES, VIVA SUECIA, BAIUCA, RUFUS T.FIREFLY, CUPIDO, DELAFÉ DJ SET, RAPARIGA DJ, KOKOSHCA, FABRICA DE ESPEJOS SAYA RUSS, SAYA, RUSS.
- Listaxe detallada de todos os gastos do FIV 2022
- Listaxe detallada de todos os ingresos do FIV 2022
- Achega económica do Concello de Vilalba a celebración FIV 2022
- Factura do Plan Prevención e autoprotección FIV 2022
- Copia das reservas de crédito para a celebración FIV 2022
- Copia do Plan de Autoprotección do FIV 2022
- Copia do Plan de Coordinación de Actividades Empresariais do FIV 2022
- Facturas relacionadas co audiovisual e fotografía FIV 2022
- Facturas dos equipos de son e iluminación FIV 2022
- Factura de alugueiro de grupos electróxenos FIV 2022
- Factura da instalación eléctrica FIV 2022
- Factura sobre o documental FIV 2022
- Factura de seguridade e control FIV 2022
- Factura de coordinación de montaxe de infraestruturas FIV 2022
- Factura da empresa responsable da produción do FIV 2022
- Factura carpas (Campo da Feira e Praza da Constitución) FIV 2022
- Factura escenario FIV 2022
- Factura auxiliar de produción FIV 2022
- Factura limpeza e desinfección FIV 2022
- Factura backline FIV 2022
- Factura alugueiro de maquinaria FIV 2022
- Factura de deseño gráfico, imaxe, sinalización FIV 2022
- Factura en aloxamentos FIV 2022
- Factura de deseño acreditacións, tótems e infografías FIV 2022
- Factura do seguro de cancelación do FIV 2022
- Copia do seguro de responsabilidade patrimonial do Concello.
- Convenios e solicitudes de subvención FIV 2022
- Contratos patrocinios FIV 2022
- Contratación persoal taquilla FIV 2022
- Factura community manager e xestión de RRSS FIV 2022
- Facturas catering e infraestruturas camerinos FIV 2022
- Facturas alugueiro aseos portátiles FIV 2022
- Factura fabricación pulseiras FIV 2022
- Factura servizos asistencia sanitaria (persoal e ambulancias) FIV 2022
- Factura deseño, actualización e mantemento páxina web FIV 2022
- Contrato e factura empresa venda entradas FIV 2022
- Liquidación da recadación das entradas do FIV 2022
- Factura SGAE FIV 2022
- Número de entradas vendidas totais FIV 2022
- Número de asistentes reais, e dicir, entradas validadas aos concertos celebrados no campo da Feira no FIV 2022
- Copia das follas de reclamacións sobre o FIV 2022.