Os populares visitan a premiada explotación SAT Rey de Miñotelo da Pastoriza

TerraChaXa
Puxérona como exemplo da optimización do benestar animal no sector lácteo
Visita-SAT-Rey-de-Minotelo-PP
10 Jun 2025

Unha comitiva do PP lucense achegouse á Pastoriza a coñecer a xovenca campioa de España de raza Frisona, Rey 1273 Haxl Bambi, e a súa “exemplar” explotación, SAT Rey de Miñotelo, da man de Alberto Iglesia.

O coordinador do PP lucense e senador José Manuel Balseiro, a secretaria da Área de Demografía do PP lucense, Sara Ruiz, a vicesecretaria de Acción Sectorial do PPdeG, Olga Iglesias, a deputada nacional Cristina Abades, o presidente, Marcos García Lombardero, e membros do PP local, o presidente de NNXX da provincia, Miguel Gallego, e integrantes da formación xuvenil participaron na visita co obxectivo de poñer en valor “algo tan emblemático do campo de Lugo e de España”.

“Queremos poñer o foco na forma de optimizar a produción animal ao benestar dos mesmos, á súa morfoloxía e beleza que repercuten positivamente nos animais. Isto afecta directamente ao futuro no noso gando e dunha gran industria láctea, ademais dos postos de traballo que xera ao seu redor”, subliña Ruiz.

A SAT Rey de Miñotelo, que ten logrado numerosos recoñecementos a nivel autonómico e nacional cos seus animais, "é un exemplo da profesionalización do sector lácteo galego", dixeron.

⚙ Configurar cookies
0.19045615196228