Os premios Xermade na Historia 2022 xa teñen dono

TerraChaXa
O xurado do VIII Premio de Investigación Xermade na historia outorgou o primeiro premio á obra Cruces e cruceiros do Camiño Real da Carba.
bases premio investigacion xermade
26 Maio 2022

O xurado do VIII Premio de Investigación Xermade na historia outorgou o primeiro premio á obra Cruces e cruceiros do Camiño Real da Carba, presentado baixo o pseudónimo Penitencia e que corresponde a Alberta Lorenzo Aspres, doutora en Arquitectura pola Universidade de A Coruña. Conforme coas bases do certame, o premio a conceder é de 2.000 euros.

Alberta Lorenzo foi a gañadora do premio Hume de investigación no ano 2021.

O segundo correspondeu este ano a Xabier Moure Salgado, funcionario da Xunta e Licenciado en Xeografía a Historia. A obra premiado foi A morte no Concello de Xermade, presentada baixo o seudónimo Therion. Recibirá de premio 1.000 euros.

O xurado do Premio de Investigación Xermade na historia estivo composto por Roberto García Pernas, alcalde do concello de Xermade como presidente; José Manuel Felpeto Carballeira, presidente da Asociación de veciños de Cabreiros; os profesores Pablo Cancelo López, Lela Castelo Santaballa e María Luisa Barreiro Mejuto, presidenta dao Iescha, como especialistas. Actuou como secretaria Lucía Guizán Trastoy, educadora familiar do Concello.

Os premios serán entregados o próximo 28 de maio ás 11.30 na Casa-escola de Cabreiros, dentro da programación das XVIII Xornadas Interxeracionais Rurais. Haberá tamén unha presentación dos traballos por parte das persoas gañadoras.

0.19142079353333