Os profesionais sanitarios contarán con dous interlocutores policiais na provincia en caso de agresións

TerraChaXa
Os profesionais sanitarios da provincia de Lugo contarán coa figura do Interlocutor Policial Territorial Sanitario, dous expertos designados pola Policía Nacional e a Garda Civil, que lles proporcionarán unha maior protección e seguridade xurídica en caso de agresións.
14 Nov 2017

Os profesionais sanitarios da provincia de Lugo contarán coa figura do Interlocutor Policial Territorial Sanitario, dous expertos designados pola Policía Nacional e a Garda Civil, que lles proporcionarán unha maior protección e seguridade xurídica en caso de agresións.

A nova figura, vai dar resposta ás demandas que neste ámbito formula o persoal que traballa nos centros sanitarios e busca convertese, a súa vez, no enlace de comunicación permanente coas forzas de seguridade. Os interlocutores policiais ofrecerá tamén asesoramento sobre as medidas adecuadas para previr e reducir as agresións.

Así o explicaron este martes o delegado territorial da Xunta en Lugo, Jose Manuel Balseiro quen, xunto ao subdelegado do Goberno nesta mesma provincia, Ramón Carballo, presentaron o novo protocolo de actuación.

Asistiron tamén á xuntanza os responsables territoriais da Consellería de Sanidade e Presidencia –entre eles o xerente da EOXI Lugo, Cervo, Monforte, Ramón Ares e representantes dos Colexios provinciais de Médicos e de Enfermería, xunto a responsables da Garda Civil, da Policía Nacional e da Policía Autonómica.

Novo protocolo
A nova instrución 3/2017 da Secretaria de Estado de Seguridade sinala que o obxectivo desta figura do interlocutor é a de lograr un contacto más directo e fluído cos corpos de seguridade no caso de que se produza unha agresión.

Xunta e Goberno central manteñen o compromiso firme de loitar contra calquera forma de violencia e traballan na prevención permanente para garantir a plena protección e atención do seus profesionais que velan pola nosa saúde.

O novo protocolo establece medidas preventivas que reforzarán os dispositivos de seguridade e vixilancia na contorna dos centros sanitarios. Tamén se organizarán actividades formativas e informativas para que os profesionais poidan previr estas situacións e saiban protexerse.

Do mesmo xeito, estase traballando na elaboración dun catálogo e nunha clasificación de centros sanitarios; tanto públicos como privados, en función do seu "risco de acción delituosa" e que quedarán xeorreferenciados; á vez que se desenvolve o establecemento de canles de comunicación permanentes coas autoridades sanitarias.

0.094029903411865