Os Quinquilláns actúa en Guitiriz este sábado

TerraChaXa
A Casa Habanera acollerá este sábado, 23 de outubro ás 18:30 horas, o espectáculo teatral Languaje Planning, de Os Quinquilláns.
teatro os quinquillans guitiriz portada
21 Out 2021

A Casa Habanera de Guitiriz acollerá este sábado, 23 de outubro, ás 18:30 horas, o espectáculo teatral Languaje Planning, da compañía Os Quinquilláns.

Trátase dunha comedia retranqueira destinada a público de máis de 10 anos que foi creada a partir dalgúns dos relatos de Made in Galiza de Séchu Sende para reflexionar sobre a situación da lingua galega.

A actuación contará con protocolo Covid e as prazas son limitadas ata completar o aforo.

os quinquillans teatro guitiriz
0.1013650894165