Os Reis Magos chegarán este domingo a Guitiriz coa tradicional Cabalgata

TerraChaXa
Organizada polo Concello e a Asociación Xermolos, as súas Maxestades de Oriente comezarán o seu percorrido ás 15:30 horas desde o Campo da Feira de Parga
cabalgata-guitiriz
31 Dec 2024

Este domingo, 5 de xaneiro, volve a Guitiriz a tradicional cabalgata dos Reis Magos, organizada polo Concello e a Asociación Xermolos.

As Súas Maxestades de Oriente comezarán o seu percorrido ás 15:30 horas desde o Campo da Feira de Parga e ás 17:00 horas entrarán pola Ponteveiga para chegar ata a casa do Concello, onde os recibirá a alcaldesa, Marisol Morandeira.

Trala recepción, os Reis Magos trasladaranse ao Pavillón Municipal Jonathan Carro Paz, onde atenderán as peticións dos máis pequenos. A festa estará animada por Bloquinho de Xermolos, Na Casa do Zoqueiro, Caivanca e a Escola de Música Tradicional de Xermolos, e haberá chocolate para os asistentes.

0.16487812995911