Os Reis Magos visitarán as parroquias antes de facer a Cabalgata por Vilalba

TerraChaXa
A xornada rematará no auditorio municipal, onde os nenos recibirán un agasallo
vilalba-cabalgata
3 Jan 2025

O vindeiro domingo, 5 de xaneiro, as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visitarán Vilalba para achegarse ás parroquias e participar na súa esperada cabalgata polas rúas do casco urbano.

A xornada comezará coa recepción oficial na Casa do Concello, onde a alcaldesa, Marta Rouco, dará a benvida aos Reis Magos antes de iniciar o percorrido. Comezarán ás 12.00 horas na casa escola de Belesar e seguirán ás 13.00 horas na casa escola de Nete. Ás 15.30 visitarán Carballido, Santaballa e Lanzós para rematar ás 17.00 horas en Samarugo e Goiriz.

Ás 18:15 h, os Reis Magos chegarán ao casco urbano, onde subirán ás carrozas para percorrer as principais rúas da vila. O itinerario comezará no Campo da Feira e continuará polas rúas Calvario, da Feira, Cidade de Lugo, de Galicia, Conde Pallares, da Ferrería e das Pedreiras para rematar no auditorio municipal, onde os nenos e nenas poderán compartir os seus desexos cos Reis Magos e recibirán un agasallo especial.

0.16391110420227