Os Reis Magos visitarán as parroquias de Vilalba o día 5 de xaneiro

TerraChaXa
Ábrese o prazo de inscrición para os nenos e nenas que queiran participar na cabalgata como paxes.
30 Dec 2022

Ábrese o prazo de inscrición para os nenos e nenas que queiran participar na cabalgata como paxes.

O xoves 5 de xaneiro, os nenos e nenas de Vilalba poderán desfrutar da tan esperada visita dos Reis Magos de Oriente.

As súas maxestades percorrerán as rúas da vila e visitarán as casas escola das parroquias de Insua, Codesido, Nete, Lanzós, Goiriz, Sancovade, Carballido e Santaballa.

Será coma sempre unha tarde especial, chea de ilusión e de nervios, que Melchor, Gaspar e Baltasar amenizarán durante unha cabalgata tamén chea de sorpresas.

O percorrido levará ás súas maxestades ás parroquias de Insua, Codesido e Nete entre as 15:00 e as 16:00 horas; a Lanzós, Goiriz e Sancovade entre as 16:30 e as 17:30 horas; e a Carballido e a Santaballa entre as 18:15 e as 19:15 horas.

Por outra parte, será dende as 18:15 horas cando a comitiva real faga o seu tradicional percorrido polo casco urbano de Vilalba, aínda que este ano haberá cambios por mor das obras da rúa da Pravia.

En concreto, neste día 5 a cabalgata sairá do Campo da Feira, pasando por Pintor López Guntín, a rúa da Feira, a rúa de Galicia e a Praza da Constitución. A recepción final na carpa habilitada para o Nadal na praza da Constitución.

Paxes reais

Todos aqueles nenos e nenas que queiran participar na Cabalgata dos Reis Magos como paxes o xoves 5 de xaneiro, deberán cubrir unha solicitude na Oficina de Cultura de Vilalba.

Poden inscribirse ata cubrir prazas, segundo tallaxe dispoñible e en rigoroso orde de inscrición, en horario de 09.00 a 14.00 horas. A idade mínima para participar é de 6 anos.

0.12244415283203