Os Reis Magos visitarán o sábado a Pastoriza

TerraChaXa
Os Reis Magos tamén visitarán este sábado, 5 de xaneiro, o concello da Pastoriza cun programa de actividades que dará comezo pola mañá, cando visitarán o xeriátrico de Bretoña.
Captura de pantalla 2019 01 03 a las 9.25.38
3 Xan 2019

Os Reis Magos tamén visitarán este sábado, 5 de xaneiro, o concello da Pastoriza cun programa de actividades que dará comezo pola mañá, cando visitarán o xeriátrico de Bretoña. Pola tarde, as súas maxestades estarán ás 16.00 horas diante da Casa do Concello onde percorrerán acompañados polos máis pequenos o treito que os separa do Centro Social da Pastoriza onde recibirán a todos os que queiran falar con eles ou presentar as súas peticións.

As súas maxestades farán entrega dos agasallos aos máis pequenos e convidarán a todos os que asistan a un chocolate con roscón. Toda esta festa estará amenizada pola grupo de música e baile tradicional da Pastoriza.

0.13319110870361