Os ribadenses dan a coñecer a riqueza mural do santuario da Ponte de Arante

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
5 Out 2019

Os propios ribadenses dan a coñecer un dos patrimonios máis senlleiros do interior da localidade, por onde pasa o Camiño de Santiago e fano mediante visitas guiadas para o cal os interesados poden poñerse en contacto coa oficina de turismo da vila ou cos veciños do lugar. Pero tamén difunden este elemento patrimonial, que inclúe pinturas tardomedievais case únicas en Galicia, con trípticos ou folletos onde se describe a súa historia, como os elaborados por historiadores como Emilio Piñeiroá, quen asegura que dende tempo inmemorial, dáse culto á Virxe da Nosa Señora, no santuario ribadense da Ponte de Arante, baixo a advocación das Virtudes. Ano tras ano, celébrase o luns de Pentecoste, con moitos fieis, a coñecida festa e romaría das Cruces. A primeira documentación data do século XVI, se ben se data o santuario no XIV.

No muro norte, fronte á figura anterior, aparece a figura da morte, un esquelete parece presentar un corazón, un cadáver activo a pesar do seu estado de descomposición, os membros consumidos, motivo falante que resumiría en si mesmo a pavorosa idea da morte. Non en balde, o santuario fora un hospital de peregrinos.

E aparecen tamén pinturas da Asunción, Coroación de María e Descendemento. Consta nunha inscrición: 'Esta obra mandó hacer el Sr. Pedro Pardo de Aguiar Señor del coto de Samarugo a su costa se inició de nuestra Sra. En el año 1516'.

No muro sur destaca a pintura que fai alusión ao mar, un naufraxio, era un exvoto (ofrenda en recordó dun ben recibido). Pode ser entendida como unha miragre. Trátase dunha pintura produto do agradecemento do capitán de infantería don Domingo de Carranza y Aguiar que milagrosamente se salvou nun naufraxio pola intercesión da Virxe.

No prebisterio, está o altar maior e o retablo renacentista de 1570 en madeira policromada e pintado na parede, ábrese o telón para amosar un ceo estrelado que enmarca o retablo maior.

O retablo consta de dous corpos, no inferior aparece a efixie da Virxe da Nosa Señora das Virtudes, cun fondo pintado de carácter floral.

A ambos os dous lados, San Miguel e San Rafael pintados ao óleo sobre táboas e dúas tallas á dereita da Virxe, como é a de Santiago Matamouros, do século XVIII, e á esquerda, outra imaxe da Virxe do Socorro, de corpo pequeno. No corpo superior aparece a imaxe dun cristo Crucificado.

Ao lado do arco trunfal, aparecen outros dous retablos pequenos iguais dun só corpo, un frontón. No dereito, hai unha imaxe de Cristo do século XVII e no esquerdo, un San Cosme, do século XVI.

Na ábside da capela no muro sur localízanse varias esceas marianas, catro pasaxes do evanxeo de S. Mateo, referidos á infancia de Cristo: A Natividade, A Adoración dos Magos, A Matanza dos Inocentes e a Fuxida a Exipto, e no centro, baixo a ventá, unha inscripción documental, en caracteres góticos, que aludiría á data, ao lugar e posiblemente ao promotor de ditas pinturas, aínda que hoxe tal inscripción atópase prácticamente destruída.

No arco trunfal gótico aparecen dous dragóns, con motivos vexetais e na parte interna da pilastra que sostén dito arco, dúas figuras: no lado Sur vese un home rico, luxosamente vestido, que parece ofrecer un saco cheo de moedas, manifesta a impotencia do home rico, enfrontado a unha norte insubornable. E a figura de San Cosme ou San Damián vestidos de túnica, propio dos doutores da época e a bolsa e recipiente de ungüentos característicos da profesión. O mozo coa bolsa representa a alegoría da xenerosidade ou da avaricia.

0.0680091381073