Os Roteiros de Pol continúan co programa de rutas para este ano
A Asociación Roteiros de Pol continuará este ano as rutas pola provincia. O colectivo programou para este 2024 un total de trece citas, a maior parte delas rutas máis a cea anual, cunha cita mensual.
Os percorridos deron en xaneiro cunha ruta por Guntín de Pallares e outra por Barreiros en febreiro. Continuarán este mes de marzo (día 17) por Ponferrada.
En abril (día 21) o lugar escollido para visitar é Paradela, pola Ribeira Sacra.
No mes de maio participarán na XV Concentración de Asociación de Senderismo e Tempo Libre de Galicia e Asturias, que terá lugar na Pontenova o día 11.
No verán están previstas dúas rutas, o 16 de xuño a XXXVII Travesía Costa Naviega, na localidade asturiana de Navia, e o 7 de xullo por Guitiriz.
Tralo descanso de agosto, recuperarase o ritmo en setembro con dúas citas, o 1 farán a tradicional ruta por Pol e o 29 viaxarán a Mondoñedo.
En outubro seguirán de ruta de Belesar e o 17 de novembro polo Courel. Rematarán o día 1 de decembro coa Ruta do Cocido de Lugo e a cea anual, que será o 15 de decembro en Mosteiro.