Os roteiros de Pol farán este domingo a ruta da Fervenza do Toxa

Pol
TerraChaXa
A asociación cultural Roteiros de Pol continúa este domingo, 1 de marzo, coas rutas de sendeirismo por distintos lugares da xeografía galega que terán unha periodicidade mensual.
roteiros
26 Feb 2020

A asociación cultural Roteiros de Pol continúa este domingo, 1 de marzo, coas rutas de sendeirismo por distintos lugares da xeografía galega que terán unha periodicidade mensual.

A que se celebra este domingo será pola Fervenza da Toxa en Silleda, que conta cunha camiñada de 123,3 quilómetros de distancia e de baixa dificultade apta para todas as idades.

Un bus cos participantes sairá de Mosteiro, de diante do Concello, ás 8.00 horas e de Lugo ás 8.30 horas da mañá dende a estación de tren para chegar ao destino ás 10.30 horas e comezar a ruta. A finalización está previstra para as 14.30 horas cun xantar no restaurante Casa Castro..

O prezo para os interesados é de 25 euros para socios e 30 para os non socios. Deberán inscribirse antes do 27 deste mes.

O plan de Roteiros de Pol é realizar unha ou dúas saídas por mes. A seguinte será en marzo, o día 29 de marzo visitantdo  o Camiño Natural do Cantábrico, de Ribadeo a Rinlo.

O calendario completarase con novas rutas por A Pontenova, Navia, Valdoviño, Castro Caldelas, Pol, Pantón e Ribas do Sil.

Sen esquecer que un ano máis participarán no Encontro Astur-Galaico de sendeirismo que se celebrará este ano en Luarca e en maio acudirán á Devesa da Escrita, en Pedrafita.

 

0.17250919342041