Os Roteiros de Pol reúnense o 16 de decembro na súa cea anual

Pol
TerraChaXa
Roteiros de Pol organiza a cea anual deste 2017 coa colaboración do Concello.
Roteiros de Pol visitaban Oporto nunha das súas saídas
27 Nov 2017

Roteiros de Pol organiza a cea anual deste 2017 coa colaboración do Concello.

A data da súa celebración será o sábado 16 de decembro no restaurante Canadá, en Mosteiro, a partir das dez da noite. Para iso, haberá servizo de bus gratuíto dende Lugo con saída ás nove e media do serán desde a parada de bus da estación de tren.

A cea rematará con baile da man dunha agrupación que tocará música en directo.

O prezo é de 20 euros. Os interesados e interesadas en participar deben ingresar esa cantidade na conta da asociación (ES76 2080 0157 9330 1000 5484) indicando nome e apelidos e se empregará o servizo de autobús dende Lugo.

0.094593048095703