Os sendeiristas de Barreiros van de ruta todos os días e percorren as praias

TerraChaXa | AMariñaXa
3 Jul 2019

Os sendeiristas de Mar e Monte de Barreiros saen de ruta durante o verán cada día durante dúas horas e inclúen percorridos polas múltiples praias do litoral barreirense en diversas camiñatas á medida dos participantes.
O 14 de xullo, no marco das súas excursións fóra da localidade, viaxarán ata Ribeira de Piquín e camiñarán dende Chao do Pousadoiro ata o muíño de García. Acompañaraos os sendeiristas de Castrillón nunha camiñata sinxela, apta para todos os públicos, como a práctica totalidade das que adoitan facer.
Aparte, en xullo non só camiñan ata o miradoiro de Penabor, o sábado día 6, para desfrutar dunha panorámica singular da costa oriental da Mariña dende as alturas, senón que ademais tamén realizan un roteiro polo barreirense monte Comado o sábado 27.
XUNTANZA. O domingo 21 toca que os participantes e quen queira sumarse á cita traian consigo comida para compartir xa que terá lugar a xuntanza de verán na Cabana de Parga, despois de saír, como adoitan facer, ás 10.30 horas dende o café bar Moderno.
Quen queira sumarse pode facelo chamado ao 622.758.079 ou a través do seu facebook Barreiros Mar e Monte.

0.18064308166504