Os sendeiros de Foz farán o 1 de setembro unha ruta polo Eo con descenso en canoa
O colectivo de montaña Os Sendeiros de Foz marchará de ruta polo río Eo o 1 de setembro, entre A Pontenova e San Tirso de Abres e desfrutarán dun descenso en piragua polo cauce e invitan ao que así o desexe a sumarse.
Para acompañalos hai que apuntarse ata o domingo 25 de agosto no teléfono 670.369.017 ou no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es, porque ademais hai prazas limitadas.
A organización da excursión recomenda que se leve equipo de sendeirismo, se ben a dificultade da ruta é media.
Sairán de Ferreira ás 8.30 horas do 1 de setembro e ás 9 dende o Concello de Foz. Tamén recomendan levar comida porque organizarán un xantar, se ben hai unha espicha final incluída. É dicir, á mañá será a ruta de sendeirismo e pola tarde, o descenso en piragua polo río Eo, ao terminar a espicha.
O prezo para os socios federados será de 44 euros e para os que non estean na federación, de 44 euros. Os que non sexan socios aboarán 48 euros. Os Sendeiros exímense de calquera responsabilidade ante excursionistas ou subsidiarios dos que participen nas súas actividades sen ter licenza federativa. Nestes casos, os que se sumen terán que facelo baixo a súa responsabilidade.