Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta dende Esteiro ata Morás

Foz
TerraChaXa | AMariñaXa
10 Feb 2019

A Asociación Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta de sendeirismo dende Esteiro ata Morás, Xove para o 24 de febreiro.
O roteiro deste mes comezará ás 8 da mañá dende o colexio do Pilar e ás 8:20 horas en Ferreira.
O prezo da ruta son 20 euros para os sociosque estean federados, 24 para os socios non federados e 29 euros para os non socios.
E obrigatorio anotarse e a data limite será o mércores 20 de febreiro. Para as inscricións podese chamar aos números 606.718.482 e 670.369.017 ou no email ossendeiros@yahoo.es. Recoméndase levar equipo de sendeirismo.

0.098684072494507