Os socialistas achegaron aos veciños de Foz 2,7 millóns para mellorar os servizos públicos

TerraChaXa | AMariñaXa
O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, e o candidato do PSOE á alcaldía de Foz, Francisco Cajoto, xunto a outros compañeiros do partido, mantiveron un encontro cos veciños deste Concello mariñán para coñecer de primeira man a súa opinión sobre as actuacións por valor de 2,7 millóns de euros que os socialistas levaron a Foz, converténdose nos principais investimentos públicos cos que contaron os case 10.
8 Abr 2019

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, e o candidato do PSOE á alcaldía de Foz, Francisco Cajoto, xunto a outros compañeiros do partido, mantiveron un encontro cos veciños deste Concello mariñán para coñecer de primeira man a súa opinión sobre as actuacións por valor de 2,7 millóns de euros que os socialistas levaron a Foz, converténdose nos principais investimentos públicos cos que contaron os case 10.000 focenses.
Santos Ramos explicou que “o PSOE dende o Goberno Provincial achegamos aos veciños de Foz máis de 2,7 millóns dos seus fondos públicos na Deputación para mellorar a súa calidade de vida, rehabilitando infraestruturas e dotacións públicas, ofrecéndolle servizos sociais e xerando novos empregos, así como colaborando en actividades que dinamicen social e economicamente o Concello. Estes fondos permitiron o financiamento de máis de 30 obras, de 9.000 horas de atención profesional co SAF Básico e para non dependentes e a Teleasistencia gratuíta a máis de 50 maiores, ademais da celebración de ducias de actividades para potenciar o turismo, a cultura e o deporte. Somos os socialistas os que achegamos aos focenses os principais e case únicos investimentos reais que repercuten na mellora e no progreso do seu Concello”.
O candidato do PSOE á alcaldía de Foz, Francisco Cajoto, agradeceu “o compromiso e a implicación amosada dende o primeiro momento polos compañeiros da Deputación para achegar iniciativas que logo se fan realidade”. O socialista lamentou que a Xunta de Galicia do PP “non colabore da mesma maneira”. Neste eido, censurou que o único proxecto levado a cabo polo goberno galego foi crear unha oficina de turismo. “Iso si, anunciaron que dotarían a Foz dunha depuradora e dun auditorio pero aínda estamos esperando a que poñan un euro para empezar os traballos”.
Os socialistas aproveitaron a visita para supervisar as obras se están realizando de rehabilitación do parque infantil e das pistas deportivas da zona das Torres, así como a renovación do alumeado do campo de fútbol de Malates, cun investimento provincial de máis de 215.000 euros. Santos Ramos e Cajoto destacaron os 90.000 euros para a construción do refuxio de animais abandonados, que terá capacidade para 40 cans e gatos e que prestará servizo a Concellos da Mariña. “Foi o PSOE o que sempre apostou por unha nova canceira para a protectora de animais para atender as actuais necesidades da comarca” apuntaron.
Estes fondos engádense aos 700.000 euros que tamén levou o Executivo do PSOE na Deputación para humanizar e reordenar o tráfico na Avenida Álvaro Cunqueiro; aos 253.000 para o acondicionamento de ducias de accesos rurais; aos 200.000 para mellorar instalacións deportivas como o estadio Martínez Otero; aos case 115.000 para arranxar estradas como a LU-P-2010 de Bao a Ver ou a LU-P-2009 de Peirao de Foz a Bispo Santo por Marzán; aos 100.000 para o novo hangar de piraguas e  aos preto de 100.000 euros para novo alumeado nas rúas Illanova e Avenida Breogán.
Os 220.000 euros que achegan os socialistas permiten atender a máis de 50 maiores de Foz a través do SAF Básico e para non dependentes, así como coa Teleasistencia gratuíta. Con dito investimento, xeráronse 9 empregos con programacións como o Ben Empregado e DepuEmprego.
Santos Ramos destacou que os socialistas converteron á Deputación na principal patrocinadora da maioría de citas turísticas, deportivas e culturais celebradas en Foz, achegando case 230.000 euros. Entre elas, destaca o Concurso Internacional de Baristas, a Festa do Berberecho, a Travesía Ría de Foz ou o Festival Voces Xóvenes.
O Goberno da Deputación destinará outros 410.000 euros co Plan Único 2019 para novos investimentos, financiar o SAF Básico ou Servizo a Domicilio a persoas non dependentes, políticas de emprego ou actividades turísticas, deportivas e culturais no Concello de Foz.
 

0.15301704406738