Os socialistas culpan dos alagamentos en Moncelos á falta de limpeza

TerraChaXa
Aseguran que o estado das estradas municipais na parroquia dificulta o seu transito con seguridade, por mor da falla de limpeza dos fluviais
asolagamentos abadín
7 Feb 2021

“Abandonados, esquecidos, ninguneados e ignorados, así é como se senten as veciñas e veciños do barrio do Valado na parroquia de Moncelos, tras as últimas inundacións que sofren nesta zona do Concello”. Así o dixo o Voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz tras coñecer de primeira man a situación na que se atopa as estradas municipais nesta parroquia, e que dificultan o seu transito con seguridade, por mor da falla de limpeza dos fluviais da vila.

“Neste momento entendemos que non se pode circular con seguridade por estas vias municipais, xa que están completamente inundadas, e dende o Concello de Abadín, o Alcalde e todo o seu equipo de Goberno, seguen mirando cara outro lado, esperando a que pase a tempestade. E mentres as veciñas e os veciños de Moncelos son os que sofren as consecuencias da súa ineptitude”, denunciou.

“Hoxe queremos facernos eco das queixas feitas polas propias veciñas e veciños a través das redes sociais de Moncelos, coas que denuncian que nunca chamou ninguén do Concello de Abadín para preguntarlles pola situación na que se atopan estas pistas, ou por mellorar e arranxar esta situación”, dixo Díaz.

“Por iso, dende a Agrupación Socialista de Abadín, queremos denunciar unha vez máis con este comunicado, a situación de abandono das nosas parroquias e dos nosos veciños e veciñas. Por iso convidamos a todos os veciños a que ergan a súa voz e tomen a palabra contras as constantes inxustizas que están a padecer”, insistiu.

“Queremos que saibades que podedes contar con nós para traballar e saír adiante desta situación. O Alcalde e todo o seu equipo de Goberno ten que estar a disposición dos veciños para arranxar os problemas de todos e, máis se cabe nunha situación tan excepcional coma a padecen en Moncelos, xa que dificulta gravemente o seu traballo diario”, replicou o Voceiro Socialista.

0.21655297279358