Os socialistas da comarca da Terra Chá reúnense nun encontro

O secretario Xeral do PSdeG na provincia, José Tomé Roca, xunto coa Deputada no Congreso dos Deputados por Lugo Patricia Otero e o senador por Lugo César Mogo, participaron este sábado nun encontro coa militancia socialista da comarca, celebrado no restaurante Terra Chá de Vilalba, que reuniu a máis de cen persoas.
Á cita asistiron tamén alcaldes da provincia, como a alcaldesa de Vilalba Marta Rouco, a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira e o alcalde de Fonsagrada, Carlos López.
Na xuntanza estiveron así mesmo concelleiros e concelleiras da Terra Chá e da Mariña, así como representantes e militantes de agrupacións socialistas da provincia.