Os socialistas de Abadín piden un pleno para poñer en marcha a residencia

TerraChaXa
A veciñanza de Abadín non pode nin debe esperar un minuto máis para que o proxecto da residencia de maiores sexa unha realidade.
edificio residencia maiores abadin
24 Xul 2021

“A veciñanza de Abadín non pode nin debe esperar un minuto máis para que o proxecto da residencia de maiores sexa unha realidade. Por iso emprazamos ao goberno do PP de Abadín a que dunha vez por todas se poñan a traballar para poñer en marcha esta nova dotación asistencial tan demandada e necesaria na nosa vila”, dixo Pablo Díaz.

Así o dixo tralo anuncio feito polo alcalde, no que avanzou que o Concello de destinará arredor de 1,5 millóns de euros das arcas municipais para crear unha nova residencia para maiores no municipio, que contará con 54 prazas. “Nesta mesmas datas tamén anunciou que previsiblemente se celebraría un pleno para iniciar os trámites. Pero comprobamos unha vez máis que os días pasan e o pleno non está convocado”, criticou.

“Por iso queremos anunciar que dende a Agrupación Socialista de Abadín estaremos vixiantes e seguiremos traballando e presentado iniciativas e empurrando para que se cumpra este proxecto. Ademais, queremos lembrar que no pleno de novembro de 2020 defendemos unha iniciativa demandando a construción desta residencia, pero lamentabelmente foi rexeitada polo PP alegando que era totalmente inviable. Pero a realidade é teimuda e coa axuda da presión veciñal agora o Alcalde recua, e anuncia que vai iniciar este proxecto”, insistiu o Voceiro.

0.15574288368225