Os socialistas de Mondoñedo preguntan pola venda da Casa de Cabanela

TerraChaXa | AMariñaXa
O PSOE de Mondoñedo preguntou na pasada sesión plenaria polo procedemento que vai seguir o Concello para a venda da Casa de Cabanela.
outeiro
2 Nov 2020

O Grupo Socialista de Mondoñedo preguntou na pasada sesión plenaria, celebrada o 31 de outubro, polo procedemento que vai seguir o Concello para a venda da Casa de Cabanela. Segundo consta na plataforma do perfil do contratante realizase mediante pública subasta e procedemento aberto, da totalidade das fincas pertencentes ao edificio sito en avenida San Lucas número 9, Mondoñedo.

O Concello de Mondoñedo adquiriu o inmoble en escritura pública autorizada polo notario Marcelino Estévez Fernández o día 25 de outubro de 2019. Dita adquisición tiña coma finalidade a implantación de servizos sociais no inmoble. A licitación fixase en 455.271,50 euros que poderá ser mellorado á alza.

O Concello de Mondoñedo adquiriu este inmoble a través dun convenio co Instituto Galego de Vivenda e Solo por un importe de 450.000 euros, que o Concello ten que devolver en oito anualidades de 56.250 euros. O Grupo Socialista lembra que se opuxo á compra deste inmoble, xa que o Concello non precisaba dun edifico destas características, tal e como agora comprobamos, nin é unha competencia municipal atender estes servizos, ademais de que o propio Concello dispón dun edificio nesa mesma rúa.

Nesta mesma sesión plenaria tamén interpelaron ao Goberno municipal sobre os problemas de cobertura da telefonía móbil e internet en Estelo e Tronceda, e no que os propios veciños tiveron acudir á Valedora do Pobo para que foran atendidas ás súas demandas. E que segundo nos transmiten a dáa de hoxe xa están solventados.

Documentación pendente dende fai 4 meses

O Grupo Socialista tamén rexistrou un rogo para que lle fose entregada documentación que solicitou o pasado 1 de xuño de 2020, con número de rexistro 1479, no que solicitaba copia de 3 expedientes, que 4 meses despois aínda non fora entregada, e que foi facilitada esta mesma semana do pleno.

Por último a Voceira Socialista, Esperanza González trasladoulle ao Alcalde á necesidade de colocar nos parques infantís “un panel coas normas de seguridade que inclúa xel desinfectante, para poder dispoñer del nestes espazos”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17873811721802