Os socialistas de Riotorto destacan o investimento da Deputación no Concello

TerraChaXa | AMariñaXa
Os concelleiros socialistas de Riotorto remarcaron hoxe o investimento de preto de 240.000 euros dos orzamentos da Deputación de Lugo.
foto de arquivo psoe de riotorto(1)
24 Mar 2022

Os concelleiros socialistas de Riotorto remarcaron o investimento de preto de 240.000 euros dos orzamentos da Deputación de Lugo, “para mellorar as nosas dotacións públicas, os nosos camiños municipais, o Servicio de Axuda a Domicilio e o fomento do emprego”.

Os concelleiros socialistas de Riotorto, José García e Francisco Fernández revisaron esta mesma semana, nas dependencias municipais, os proxectos de obras que se realizarán no Concello con cargo ao Plan Único da Deputación de Lugo, que preside José Tomé Roca. Explican que a través deste investimento, “a nosa vila acometera melloras en diversas vias municipais. Concretamente nos accesos dos núcleos de Eirexa, Valverde e Pereiro, así como nos accesos do Courel, Praducelo e Galegos e no campo de fútbol da vila. E tamén se completarán obras nos accesos aos núcleos de Ermida, Navallo e Chacín”.

Outros 10.089 euros investiranse en luminarias LED para renovar o alumeado, co fin de aforrar custes no consumo municipal. E dentro do programa do SAF (Servicio de Axuda a Domicilio), destinaranse outros 22.500 euros para atender as demandas dos usuarias e usuarios e as das súas familias.

Con 42.000 euros, a través do Plan Depuemprego da Deputación de Lugo o concello de Riotorto adicaos á contratación de persoal municipal. E por último, outros 1.500 euros para o programa de actividades deportivas da vila.

“Este investimento é moi necesario para o desenvolvemento da nosa vila, xa que estamos abandonados pola Xunta de Galicia, aquí solo veñen a sacar fotos, pero non hai unha soa inversión relevante para Riotorto. Eso sen esquecer a planta de residuos, que polo de agora o único investimento real para esta dotación, foron os 36.000 euros que pagaron tódolos veciños a través dos orzamentos municipais para mercar o terreo onde vai estar ubicada. Unha decisión impulsada polo Alcalde sen consenso e en contra dos intereses da veciñanza”, advirten os concelleiros socialistas.

0.19171094894409