Os socialistas de Riotorto volven pedir explicacións sobre a contratación da muller do alcalde

TerraChaXa | LugoXa
O Grupo Socialista de Riotorto presentou un novo escrito no Rexistro do Concello, para comprobar o expediente completo da contratación das 3 prazas, seleccionadas a través do Plan Depuemprego da Deputación no Concello de Riotorto.
28 Out 2020

O Grupo Socialista de Riotorto presentou un novo escrito no Rexistro do Concello, para comprobar o expediente completo da contratación das 3 prazas, seleccionadas a través do Plan Depuemprego da Deputación no Concello de Riotorto. Concretamente é unha praza de albanel, outra de xardineiro e unha praza de administrativa, na que resultou titular deste proceso selectivo a muller do Alcalde de Riotorto. Anuncian que senón atenden esta petición recorreran á Valedora do Pobo, si é necesario.

Dende o Grupo Socialista de Riotorto explican que “o pasado 5 de outubro, é dicir fai máis de 15 dias, rexistramos un escrito para revisar estes expedientes, pero o único que recibimos foi o silencio do PP. Que ten que ocultar o Alcalde, para non facilitar esta documentación, tal e como marca a lexislación?”, din.

Por iso unha vez máis “vémonos na obriga de defender os intereses de todas as veciñas e veciños de Riotorto, e de continuar na nosa teima de poñer luz e taquígrafos a esta contratación. Por iso, hoxe mesmo volvemos a solicitar o acceso a esta documentación, tal e como marca a normativa”, denuncian.

“No escrito, rexistrado hoxe, solicitamos día e hora para poder comprobar os expediente, esperemos que o PP non se poña nervioso e poidamos acceder a esta información, atendendo aos nosos dereitos como representantes do pobo lexitima e democraticamente elixidos”, advirten.

0.17061901092529