Os socialistas demandan saneamento e unha beirarrúa Ponte de Outeiro

TerraChaXa | LugoXa
Os socialistas de Castro de Rei rexistraron dúas mocións coas que demandan dotar de saneamento á parroquia da Ponte de Outeiro
grifo auga
11 Maio 2021

Os socialistas de Castro de Rei avanzaron que rexistraron dúas mocións que defenderán no vindeiro Pleno, coas que demandan dotar de saneamento á parroquia da Ponte de Outeiro, así como estudar a posibilidade de construír unha beirarrúa no núcleo da Ponte de Outeiro. Ademais tamén solicitan que se doten dun carpa á feira de Castro Riberas de Lea, para que protexer aos vendedores que asisten á feira e aos produtos que se venden na mesma.

O voceiro socialista de Castro de Rei, José Luis Tellado remarcou que “un Concello que conta cun orzamento que supera os 5 millóns de euros, debe ter resolto unha prioridade esencial como é a do saneamento das nosas parroquias, xa que é unha competencia local. Concretamente a parroquia da Ponte de Outeiro, unha das máis grandes do noso Concello, atópase sen un servizo básico e esencial como é o saneamento. É unha prioridade básica e urxente que debemos de arranxar xa”, argumentou. 

Ademais, “comprobamos que esta parroquia é un núcleo moi concorrido e empregado pola veciñanza para pasear e pasar ratos de lecer ao aire libre. Por iso queremos que o Concello inste á administración competente para estudar a posibilidade de construír unha beirarrúa no núcleo da Ponte de Outeiro, concretamente na estrada LU-120 (no vial que une Vilalba a Meira). Dende o Grupo Socialista entendemos que esas dúas propostas son fundamentais  para o desenrolo do noso municipio, xa que ademais veñen plantexadas pola propia veciñanza, na que viven preto de 300 residentes”.

Mercado de Castro Riberas de Lea

Por último, Tellado tamén se fixo eco da petición realizada publicamente polo veciño Ricardo Lamela, coa que demanda melloras no mercado da feira de  Castro Riberas de Lea. Concretamente solicita “que se realicen as xestións oportunas para dotar de carpas que protexan os produtores e os seus produtos nesta feira, co fin de facilitar a comodidade e protección dos produtos expostos xa que tamén contribuirían a mellorar a estética do mercado”, resumiu.

0.20469903945923