Os socialistas esixen a Feijóo melloras no porto de Celeiro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
4 Mar 2020

A secretaria Provincial do PsdeG-PSOE e candidata as eleccións autonómicas, Patricia Otero, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, xunto co concelleiro de Economía, Suso Fernández e a Concelleira de Turismo e candidata ás eleccións autonómicas, Marisol Rey avanzaron que apoian as reivindicacións da plataforma veciñal Pro-Celeiro, que reclaman melloras no Porto de Celeiro á Xunta de Feijóo.

Patricia Otero dixo “que é a propia asociación veciñal é quen esta encabezando estas reivindicacións ante o constante ninguneo do Goberno de Feijóo ás veciñas e veciños de Celeiro. Este barrio está completamente esquecido polo PP, por iso hoxe estamos apoiando e reivindicando melloras neste entorno”, explicou.

A secretaria provincial sinalou que as veciñas e veciños de Celeiro presentaron un escrito diante da Xunta de Galicia co que denuncian o “estado de abandono desta zona por parte de Portos de Galicia. Nesa liña demandan que actúen xa, para rematar esta situación de deterioro e abandono das instalacións do peirao e tamén que se ocupe do seu mantemento en condicións dignas”, dixo.

490.000 euros investidos nos últimos anos

Maria Loureiro lembrou a inversión do Concello de Viveiro nos últimos anos nesta zona “foron 490.000 euros que contribuíron a mellorar dotacións neste entorno como a mellora de rúas e estradas, sumidoiros e saneamento”, entre outras. Así as cousas a rexedora afirmou que “sempre estarei ao carón das veciñas e veciños de Viveiro, apoiando e defendendo as súas xustas reivindicacións como neste caso. É patente o estado de abandono que sofre esta zona competencia de Portos de Galicia, mentres o PP e Feijóo seguen mirando cara outro lado. Merecemos un barrio no que se poida vivir, e por iso vamos a seguir loitando”.

Feijóo só se lembra de Viveiro na campaña electoral

Por último advertiu que “Feijóo só se lembra de Viveiro na campaña electoral durante o resto do ano, non sabe nin que existimos. Por iso pedímoslle que atenda ás demandas da veciñas e veciños de Celeiro, porque merecen ser escoitados a atendidos”, dixo Loureiro.

0.17109704017639