Os socialistas insisten na necesidade de arranxar as estradas municipais e a consulta médica de Feira do Monte

TerraChaXa
Unha das principales foi na que se reclamaba ao Concello que se fixese o mantemento básico das pistas do termo municipal.
estradas cospeito muimenta psoe4
16 Dec 2021

O Pleno de Cospeito volveu centrarse de novo nas preguntas e mocións dos socialistas. Unha das principales foi na que se reclamaba ao Concello que se fixese o mantemento básico das pistas do termo municipal, que non se completou no verán e que agora, coa chegada do inverno vai ser complicado.

A socialista Rosa Morán insistiu en que moitas das estradas están totalmente intransitables “e vamos a peor”, facendo especial fincapé na situación das vías da parroquia de Muimenta.

Laméntase a socialista que a resposta por parte do Concello non é suficiente. “Dicen que están traballando niso pero a situación segue a empeorar e agora coas chuvias non se vai poder facer nada”.

Así mesmo, Morán lembrou no Pleno que segue sen solucionarse o problema do centro de saúde de Feira do Monte, onde unha das consultas, situada no soto, “segue nun estado lamentable”. “Ben é certo que nos dixeron que formaba parte dunha reforma grande no centro pero agora a situación é urxente, hai que solucionar esto xa”, indicou.

O Plan Xeral volveu ser tema do Pleno onde se informou aos grupos da oposición de novo que se lles chamará a unha comisión informativa para dar conta da contratación da nova empresa. “O tempo pasa e nada sabemos desa comisión tampouco”, indica Rosa Morán.

Tamén os socialistas esperan información sobre o estado das alegacións contra o proxecto do novo parque eólico que presentaron os veciños e que o Concello estaba encargada de facer chegar conxuntamente coas propias.

0.18653702735901