Os socialistas reclaman máis investigacións para erradicar a praga de procesionaria
O portavoz de Gandaría do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, urxiu ao goberno galego a “facer máis e mellorar a xestión” na loita contra a praga da eiruga procesionaria. O responsable socialista presentou unha proposición non de Lei en Comisión para reclamarlle á Xunta que colabore coa universidade e os centros de investigación para avanzar na investigación para erradicar e controlar esta especie.
Pérez Seco alertou de que, se ben polo momento a Thaumetopoea Pityocampa, tamén coñecida como procesionaria, resulta un risco para persoas e mascotas polos seus pelos urticantes. O simple contacto provoca reaccións alérxicas, picor ou escozor, e son especialmente perigosas para as mascotas, chegando a ser mortais.
As situacións climatolóxicas actuais teñen provocado a temperá aparición desta especie, que ata o momento se limitaba aos meses de febreiro, marzo e abril, e xa se ten observado no pasado nadal nos concellos de Ares, Cabanas, Guitiriz, Begonte, Vigo, Ferrol ou na comarca do Lérez. Malia que o goberno galego ten aplicado tratamentos fitosanitarios e trampeo, é urxente “facer máis e mellorar a xestión” para adopta os avances científicos e o maior investimento en I+D+i.
O parlamentario socialista considera “imprescindible” que o goberno galego poña en marcha un plan de investigación científica a través dun convenio coa universidade e os centros de investigación para colaborar no desenvolvemento de medidas axeitadas para erradicar e controlar a praga.