Os socialistas reclaman no Parlamento a paralización da venda do xacemento de Pena Grande

TerraChaXa
A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamar a paralización do proceso de poña pública dos terreos nos que se sitúa o xacemento arqueolóxico da Pena Grande, na parroquia de Santaballa –Vilalba-.
30 Nov 2017

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamar a paralización do proceso de poña pública dos terreos nos que se sitúa o xacemento arqueolóxico da Pena Grande, na parroquia de Santaballa –Vilalba-. Advirte que a poxa está fixada para o próximo 15 de decembro.

A responsable socialista lembra o elevado interese arqueolóxico dun dos principais xacementos galegos e lamenta o desinterese amosado ata o momento polo goberno galego para o seu estudo e conservación. A proposta socialista insta á Xunta a que lle solicite ao Ministerio de Facenda que paralice a poxa que daría cos terreos en mans privadas.

Ademais, reclama a cesión dos terreos para que pasen a dominio público, habilitando a xestión do xacemento pola Xunta de Galicia, a quen lle reclama que “proceda de forma inmediata cos trámites necesarios para que o xacemento de Pena Grande sexa declarado como Ben de Interese Cultural –BIC-”.

A responsable socialista lembra que é “a terceira vez que se leva a cabo un procedemento de poxa sen que ningunha administración pública amosara ningún interese en paralo e poñer o xacemento ao servizo da sociedade”. Lembra a “importancia histórica e cultural” dun dos principais xacementos galegos “para a comprensión dos cambios ambientais e culturais ata a adopción da vida campesiña polos poboadores do noso territorio”.

Engade que “non pode admitirse que pase a mans privadas” un terreo que acolle un petróglifo declarado como BIC e o xacemento paleolítico que foi asentamento temporal de cazadores nómadas entre os 14.000 e os 6.000 anos a.C. Neste xacemento téñense atopado “milleiros de elementos de interese arqueolóxico”, que xustifican o interese da comunidade científica para continuar coas investigacións.

0.15863609313965