Os socialistas sinalan que 7.000 empresas galegas reciben 1.795 millóns do ICO
A secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, Patricia Otero e o viceportavoz do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia, Luís Álvarez mantiveron un encontro cunha plataforma de autónomos e pemes da provincia de Lugo, na que avanzaron as propostas do Goberno de Pedro Sánchez para este colectivo, e no que tamen coñeceron as súas peticións.
A secretaria Provincial explicou que o Goberno do PSOE é sensible ás súas demandas. “Somos conscientes da importancia dos autónomos e das pequenas empresas na nosa economía, xa que son colectivos imprescindibles para sacar adiante este pais e poñer en marcha o noso tecido productivo. Sempre deron a cara, e nós vamos a seguir impulsando propostas e axudas para que poidan saír adiante. O PP abandonou a estes traballadores, nós vamos a seguir protexendo e estes afectados e os seus empregos”, insistiu.
A dirixente socialista aludiu tamén as demandas prantexadas por este colectivo como por exemplo; a exención do IBI, dos recibos de auga, lixo ou das terrazas, entre outras. Nesa liña argumentou que moitos concellos da provincia, presididos por Gobernos Socialistas, xa adoptaron estas medidas, e polo tanto, serán sensibles as súas estas demandas.
Otero lembrou que máis de 7.000 empresas galegas reciben 1.795 millóns de euros de financiamento garantido da Liña de Avais do Instituto de Crédito Oficial (ICO) aprobada polo Goberno. Nesa liña remarcou outras medidas pensadas para o tecido empresarial, como as prestacións por cese de actividade das persoas que traballan por conta propia e outras axudas por baixada de ingresos.
Segundo os últimos datos sobre a moratoria en cotizacións, actualmente hai máis de 3.000 solicitudes en Galicia, das cales 300 son de Lugo. E para garantir a viabilidade económica do tecido empresarial, o Goberno do PSOE tamén puxo en marcha os ERTE vinculados ao COVID-19, que se consideran de forza maior. A 5 de maio realizouse o segundo pago destes pagos a 272.749 persoas que percibiron 238 millóns de euros do Estado (24 millóns son da provincia de Lugo), mentres teñen suspendida a súa relación laboral, aínda que coa garantía de que a recuperarán unha vez finalice a actual situación.
Tal e como se publicou nos datos oficiais xa e realizaron o pago de 238.395.596 euros a 272.749 persoas afectadas por ERTE na nosa Comunidade. O importe total da nómina das 42.256 solicitudes colectivas de ERTE na Comunidade é de 238.305.596 euros, dos cales 23,7 millóns corresponden á provincia de Lugo.
A secretaria provincial subliña que “68.576 autónomas e autónomos de Galicia perciben a prestación extraordinaria por cese de actividade. A medida implica tamén a exoneración de cotas á Seguridade Social de forma temporal. Ademais, os beneficiarios percibirán esta axuda ata o último día do mes que finalice o estado de alarma”.
Medidas aprobadas hoxe
Por último Otero explicou que este mesmo martes “o Consello de Ministros aprobou un Real Decreto-lei que inclúe varias medidas tributarias que buscan, entre outros aspectos, mitigar o impacto da pandemia no tecido produtivo español dotando de liquidez a pemes e autónomos. Concretamente, o decreto aumenta de tres a catro meses o período sen intereses nos adiamentos que pemes e autónomos poden solicitar do pago das súas obrigacións tributarias. En total, o adiamento podería alcanzar os seis meses, o que implica que máis da metade do período de adiamento non soportaría ningunha esixencia de intereses para eses contribuintes”, sinalou.