Os submarinistas ribadenses de Illa Pancha ríndenlle tributo ao Narval e preparan unha gran exposición para agosto

TerraChaXa | AMariñaXa
24 Xul 2019

O clube de submarinismo Illa Pancha de Ribadeo volveu depositar no fondo da ría a imaxe da Virxe do Carme cando foron as festas, o pasado 16 de xullo, tras acondicionar a talla ademais de realizar unha ofrenda floral na súa honra. Tamén descubriron unha praca no peirao ribadense en memoria da tripulación do Narval pola súa traxectoria en remo nos anos 50 do pasado século.
Ademais, o clube que preside José María Sanjurjo, prepara unha grande exposición con fotos que durante anos sacaron dos fondos submarinos de Ribadeo e arredores que se inaugurará no forte de San Damián, o día 3, para prolongarse ata o 18 do mesmo mes. Poderá visitarse de 11.30 a 13.30 e 18.30 a 20.30 horas. Colaboran con eles o Concello de Ribadeo e Argos, nomeadamente.

0.19248390197754