Os títeres chegan este sábado a Reigosa cun espectáculo de Trécola Produccións

TerraChaXa
Porán en escena ás 21.30 horas o seu espectáculo 'Coa música a outra parte'
teatro-reigosa-pastoriza
16 Out 2024

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achega este mes obras de teatro a diferentes puntos da provincia co Ciclo de Teatro Profesional impulsado pola área de Cultura que botou a andar o pasado mes de xuño e que este ano inclúe 59 representacións de 14 compañías por toda a provincia.

Así, este sábado, 19 de outubro, ás 21.o0 horas, no centro sociocultural Mariña Folgueira de Reigosa, na Pastoriza, en Trécola Produccións porá en escena o seu espectáculo Coa música a outra parte.

Trátase dunha comedia de títeres de luva e música en directo apta para todos os públicos. Son catro historias entrelazadas forman este enredo, baseado en varias obras de Rafael Dieste ás que Trécola lles dá unha volta, engadindo escenas de colleita propia e actualizando o seu argumento con temáticas combativas e irreverentes, para darlles un toque divertido e provocador.

0.097557783126831