Os títeres de Trécola estarán na Casa de Manuel María o sábado
Este sábado, 15 de decembro, a Casa-Museo Manuel María programa, ás 18 hrs, Tolitates, unha peza levada á escena pola compañía de Pol Teatro Marionetas Trécola.
Tolitates, de 50 minutos de duración e para todos os públicos a partir de 3 anos, é unha peza onde os protagonistas son os títeres e os obxectos, obviando totalmente as palabras fronte á pantominia e a música, nun escenario máxico e cheo de segredos, que arrastrará ás persoas asistentes á gargallada.
Tolitates, salienta a sipnose, movido por un impulso se cadra máis tolo que el, sáltase todos os sinais de perigo e escapa da cordura, sen pensar que sempre pode haber alguén máis transgresivo que el. Un persoeiro que irá atopando situacións e personaxes absurdas que loitan polo protagonismo nas táboas dun teatro.
A representación encádrase dentro do programa de teatro profesional PROSCENIO que impulsa a área de Cultura da Deputación de Lugo para contribuír á difusión do teatro na súa vertente profesional en entidades municipais e culturais da provincia, así como potenciar a actividade cultural.
A entrada é libre até encher o aforo mais as persoas interesadas en asistiren deben facer a reserva previamente en contacto@casamuseomanuelmaria.