Os traballadores da factoría cervense seguen a bloquear as entradas da fábrica
Dende o martes, os traballadores da factoría cervense están a bloquear as entradas da fábrica para impidir a saída de aluminio, aínda que si a entrada de materia prima para que a fábrica siga producindo e evitar a parada das cubas.
O domingo día 4 de outubro está previsto que se inicie unha folga indefinida, malia aínda están a negociar as condicións.
O comité instalouse en carpas ás portas das instalacións e avisou de que permanecerán as 24 horas do día facendo quendas e con representantes tamén das empresas auxiliares para impedir que Alcoa poida vender o produto.
O presidente do comité de empresa, José A. Zan, comunicou que aínda se atopan a espera de acontecementos e noticias por parte dos gobernos galegos e central. Así mesmo, confia en que "Alcoa reflexione, pero en caso de que non o faga espera unha intervención pública".