Os traballadores das auxiliares de Endesa volven manifestarse

TerraChaXa
Os traballadores das empresas auxiliares das Pontes recuperaron o seu ritmo de protestas tal e como viñan anunciando e cortaron a AG- 64.
manifestacion auxiliares endesa
28 Maio 2021

Os traballadores das empresas auxiliares que operan na central térmica das Pontes recuperaron o seu ritmo de protestas tal e como viñan anunciando e onte cortaron a AG- 64, unha medida que coincidiu no tempo con outra mobilización encabezada polos empregados de Navantia.

O obxectivo destas protestas é visibilizar os dous grandes conflitos industriais que afectan á comarca de Ferrolterra e, no caso particular das Pontes, reivindicar unha certeza sobre o seu futuro laboral que piden que se discuta na Mesa de Transición, que ten previsto celebrarse o próximo 2 de xuño.

As auxiliares tiñan acordado coa empresa manter os seus postos de traballo ata o 30 de xuño, prazo no que se esperaba que dese comezo o desmantelamento da instalación e a recolocación do persoal, pero cun novo cambio, agora o proceso vai ser máis lento, polo que requiren unha aclaración sobre a nova situación que deberán enfrontar.

Os manifestantes pediron responsabilidade non só a Endesa, senón tamén ás distintas administracións.

0.1433219909668