Os traballadores de Alcoa estudan iniciar unha folga indefinida

TerraChaXa | LugoXa
O comité de empresa de Alcoa San Cibrao vén de convocar para mañá martes unha reunión nos seus locais para debatir o comezo dunha folga indefinida e as vindeiras mobilizacións.
47261850_584287395358985_7088384815245819904_o
10 Ago 2020

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao vén de convocar para mañá martes unha reunión nos seus locais para debatir o comezo dunha folga indefinida e as vindeiras mobilizacións.

A reunión, que será ás 15.00 horas, convócase despois de que a semana pasada a empresa e o comité non chegaran a un acordo no despedimento de 534 traballadores da planta de aluminio e deronse por rotas as negociacións.

Así, transcorrido o período de consultas a empresa estadounidene ten un prazo de 15 días para comunicar á autoridade laboral a súa decisión de executar ou non o despedimento.

0.11243891716003