Os traballadores de Alcoa montan campamentos nas entradas ás instalacións

TerraChaXa | LugoXa
Os traballadores de Alcoa montaron un campamento nas entradas ás instalación da factoría de San Cibrao que estará aberto 24 horas.
PREMIOS 01 1429x2000
30 sep 2020

Os traballadores de Alcoa montaron un campamento nas entradas ás instalación da factoría de San Cibrao que estará aberto 24 horas.

Organizaranse por quendas para que sempre haxa un amplo número de persoas nas carpas e nas entradas.

O presidente do comité de empresa, José A. Zan, comunicou onte que a partir do 4 de outubro haberá unha folga indefinida por parte dos traballadores da factoría cervense.

Así, están a cortar os dous principais accesos á fábrica e non se lle permiteo paso a ninguén, "nin aos traballadores das auxiliares”, din os traballadores.

O comité informou que a comisión negociadora dos servizos mínimos da folga indefinida realizou unha proposta e está á espera de contestación. Non continuou a reunión por non haber os medios de prevención suficiente, é dicir, unha sala pequena para moita xente, e non estar presente a dirección, xa que se conectaron pola computadora da xefa de persoal.

Ademais, atópanse a espera de acontecementos e noticias por parte dos gobernos galegos e central.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, quixo manifestar publicamente unha vez máis o seu apoio ao comité de empresa e á totalidade dos traballadores de Alcoa e das súas empresas auxiliares.

"Estamos con eles dende o primeiro momento e, como sempre, seguiremos ao seu lado co obxectivo de garantir o futuro desta planta, que resulta fundamental para a economía da comarca e da provincia", dixo Loureiro.

"É necesario atopar unha solución, mirando todas as ferramentas que sexan necesarias para evitar o peche desta planta; se é necesaria a intervención, haberá que facela. Quedou demostrado que Alcoa actuou a mala fe e que o único que quere é pechar a fábrica, traer o aluminio doutros países e pechar a produción en Europa", continuou, "non se pode permitir que unha multinacional como Alcoa, que gañou millóns e millóns co traballo dos empregados e empregadas da Mariña, agora, por unha simple estratexia, pechen unha comarca. Non se lles pode permitir".

"A situación é moi crítica, pero a Xunta de Galicia e o Goberno do Estado están traballando en bloque cun mesmo obxectivo e confío plenamente en que ningunha destas administracións vai a permitir que a planta de San Cibrao peche. Quedan dúas opcións, que Alcoa venda ao Goberno a través do SEPI, como se tiña proposto, ou que se busquen alternativas, sexa a intervención ou a ferramenta que sexa, para que en ningún momento deixe de producir a fábrica de Alcoa San Cibrao e manter os postos de traballo", finalizou dicindo a rexedora viveirense.

70502015_2363635527228517_564895827009470464_o
0.17013597488403