Os traballadores de Muebles Hermida votaron a favor do ERTE
Esta mañá, os 93 traballadores con dereito a voto do persoal de Muebles Hermida en Lourenzá votaron a súa aceptación dun expediente de redución temporal de emprego ou ERTE que, como máximo, terá unha duración de nove meses.
O presidente do comité de empresa, Manuel Franco, confirmou que 59 dos votos emitidos foron afirmativos, 28 en contra e 5 en branco. Esta decisión xa lle foi comunicada ao administrador concursal, quen agora terá que iniciar o proceso para a aplicación do expediente.
A outra opción ao ERTE era a liquidación da firma que según Manuel Franco, o expediente de regulación non podería garantir o pago dos salarios do mes de xaneiro. Ao longo do día tamén se poderá saber se os traballadores deberán ou non incorporarse aos seus postos de traballo tras as vacacións do Nadal.