Os traballos de demolición de central das Pontes arrancarán en setembro

TerraChaXa
Formoso confirmou que se derrubará a cheminea porque non logrou reunir os requisito para ser BIC
cheminea-as-pontes-endesa
Cheminea das Pontes
31 Ago 2024

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, quere por poñer en valor "canto antes" os terreos nos que se sitúa a central térmica, ante os traballos de demolición previstos e que, segundo confirmou, comezarán no mes de setembro.

O alcalde tamén respondeu sobre a cheminea que, finalmente, demolerase. "É un elemento que tivo un inicio de tramitación de Ben de Interese Cultural (BIC) e, ao final, a Xunta non considerou que o fose e, por tanto, seguen os traballos previstos", expuxo.

Neste sentido, lembrou que a licenza de demolición do complexo está concedida e recalcou que a súa demanda pasa por que se poña en valor "canto antes" ese espazo "como lugar de xeración de emprego" e nunha localidade "que necesita chan industrial canto antes".

Sobre os traballos previstos, Endesa adxudicou xa o contrato para desmantelar a central térmica, uns labores que se estiman prolónguense durante os próximos catro anos para liberar os 600.000 metros cadrados do chan industrial da planta.

0.14946508407593