Os transportistas continúan co seu bloqueo nas Pontes
Os transportistas do carbón volveron recrudecer as súas protestas que comezaron no día anterior tras bloquear os accesos á central cos seus camións.
O colectivo, que está apoiodo por outros grupos da localidade, volve de este xeito a atención hacia eles que piden medidas que garantan o emprego a todos os afectados polo peche da central de Endesa.
Os camións mantiveron o bloqueo nas entradas da térmica durante todo o día de onte e nos accesos ao ciclo combinado —unha medida que insisten será indefinida ata que alguén sente a negociar con eles. Así mesmo, en determinados momentos os cortes nas estradas foron máis visibles con pneumáticos ardendo.
Dende o colectivo manteñen que continuarán as propostas nos próximos días coa incorporación dos tres sindicatos. Esixen unha acción de cara a un futuro polo emprego na zona no que se impliquen Xunta e Ministerio de Transición.